Medio Ambiente elabora o seu informe sobre o plan de regadío

photo_camera Una zona de regadío en la comarca de A Limia.

A vindeira reunión da comisión será a finais do mes de abril. 

A Consellería de Medio Rural convocou onte en Ourense unha reunión da Comisión de Seguimento dos Regadíos co obxectivo de dar conta dos avances que se están realizando para a construcción de infraestruturas de rego na comarca de Xinzo de Limia.

Esta comisión está formada polos presidentes das comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, Lamas Ganade e Sabucedo, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, os alcaldes dos concellos afectados, A Porqueira, Trasmiras e Xinzo de Limia e pola Consellería de Medio Rural. 

Na actualidade e segundo sinala Laura Rodríguez, de Adegal, "a obra atópase en fase de redacción de proxecto" e, por outra banda, "Medio Rural está realizando a correspondente tramitación ambiental". Nesta liña os estudos de impacto ambiental previos á execución da obra, acaban de ser entregados á Consellería de Medio Ambiente para a súa valoración. Recentemente acometeuse e aprobouse o estudo de patrimonio.  

Segundo explica a representante de Adegal, "trátase dun proceso lento que comezou no ano 2014 o que se vai dilatando no tempo", aínda que neste sentido "a administración xa está involucrada no  proceso".  A vindeira reunión da comisión será a finais do mes de abril. 

Te puede interesar