A Limia

Medio Ambiente mellora a estrada OU-301 ó seu paso por Baltar

As obras implicarán o reforzo do firme, xunto coa mellora da drenaxe, as sinalizacións e 
o balizamento

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantivo no día de onte unha reunión co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, na que lle informou de que a Xunta executará nos meses de verán as obras de mellora da estrada OU-301 ao seu paso por este municipio. 

Ethel Vázquez explicou que serán obras de rehabilitación e reforzo do firme, complementadas con pequenas melloras na drenaxe, nos noiros, a sinalización, sistemas de contención e no balizamento, coas que se conseguirá unha mellora da vía para garantir as condicións mínimas de seguridade vial na circulación.

ORZAMENTO
A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico avanzoulle ao alcalde ourensán que o proxecto para desenvolver esta actuación xa foi redactado e que conta cun orzamento que superará os 87.000 euros. As obras foron licitadas no pasado mes de febreiro.

Te puede interesar