A Limia

Medio Rural e Pataca de Galicia ofrecerán unha xornada informativa sobre o sector

A Limia

EcoAgro

Medio Rural e Pataca de Galicia ofrecerán unha xornada informativa sobre o sector

Os asistentes á xornada terán a oportunidade de escoitar a experiencia dos produtores da Bretaña francesa

Técnicos da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, ofrecerán en Xinzo de Limia unha xornada técnica sobre o sector. Será o vindeiro día 5 de marzo -a mesma actividade terá lugar en Coristanco os días 6 e 7- e os interesados en participar terán que poñerse en contacto previamente coa Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural a través do teléfono 986 386 477, ou mediante o enderezo electrónico [email protected] 

No encontro, os profesionais da Consellería e tamén da IXP explicarán a importancia do produto na economía local, apuntando a aspectos clave como as distintas canles de comercialización dispoñibles ou cuestións de interese na mellora do futuro do sector. Seguidamente, os técnicos da Xunta abordarán os labores preparatorios para a plantación da pataca, referíndose á preparación do solo, á fertilización e á plantación en si, así como aos tratamentos contra as pragas e enfermidades, aos métodos de recolección e almacenamento ou ao tratamento de residuos.

Os asistentes á xornada técnica da pataca terán a oportunidade de escoitar a experiencia dos produtores da Bretaña francesa, que lles achegarán os seus procedementos de cultivo, as distintas fórmulas de organización e as posibilidades de comercialización. Logo das intervencións están previstas visitas a plantacións de pataca na zona e tamén aos almacéns.