CULTURA

O Museo da Limia abre o sábado as “Conversas na taberna"

recibirán a Ana Belén Mellado, nacida en Alemaña no 78, filóloga galega e que na actualidade lidera o proxecto Alicornio, licores do país, en Sarreaus

O Museo Etnográfico da Limia adaptará este sábado 26, ás 18,30 horas, un evento do Museo do Pobo Galego consistente en conversas colectivas con persoas que teñan algo que contar. Neste caso , abren o ultramarinos do museo para acoller unha parola con dúas mulleres. 


As "conversas na taberna" recibirán a Ana Belén Mellado, nacida en Alemaña no 78, filóloga galega e que na actualidade lidera o proxecto Alicornio, licores do país, en Sarreaus. Con ela, Eva González, de Salvaterra emigrada na Limia. Ela aplicou moitas teorías sobre o desenvolvemento rural no proxecto Carabuñas. Fai compotas, marmeladas, cervexas e licores de sabugueiro xunto coa Carmen Quintas, quen rexenta o forno tradicional "Faragullas".

Te puede interesar