OBRAS

Sen noticias do proxecto para a avenida de Celanova

20171217205142726_result
photo_camera Dende a plataforma critican que o vial non se limpe periódicamente.

Amigos das Árbores da Limia critica o mutismo existente sobre as obras

A plataforma cidadá Amigos das Ábores da Limia ven de solicitar a execución das obras de mellora da Avenida de Celanova de Xinzo. Mediante un escrito, a asociación limiá pon de manifesto que, o único que fixo o goberno municipal dende que en maio se coñecera a intención da Xunta de reformular o proxecto de reforma para manter as árbores do vial, "foi solicitar, cinco meses despois, a cesión dun treito da vía á Consellería de Infraestruturas". Dende a plataforma aseguran, ademais, que "malia os seus continuos requerimentos, non coñecemos aínda a titularidade da mesma". 

Dende Amigos das Árbores critican que, meses despois, a estrada segue a deteriorarse e a aumentar a súa inseguridade para o tráfico e os peóns. "Os plátanos están esmoucados e doentes tras anos de falta de coidados axeitados", explican. "E, aínda por riba, o Concello non limpa dabondo a rúa e as follas das árbores acumúlanse e colapsan os sistemas de saneamento", engaden. 

Por todo isto, dende a Plataforma solicitan ao rexedor local, Antonio Pérez, e ao seu grupo de goberno "que se interesen polo proxecto e informen aos cidadáns ata que a obra sexa unha realidade". 

Así mesmo, a plataforma Amigos das Ábores vairiniciar os trámites para que se recoñezan as árbores da avenida como "Espazo Natural de Interese Local".

Te puede interesar