unha vez reformado o proxecto, as obras na avenida de celanova po0derían comecar a finais
do vindeiro verán
O Concello de Xinzo negociou coa Axencia Galega de Infraestructuras a reformulación do proxecto de reforma da avenida de Celanova que incluirá, ademais, o compromiso do Goberno Autonómico de acometer a mellora da capa de rodadura da pista que sae dende a rotonda da nacional 525 ao paso por Xinzo, e que da acceso á autovía, ata a carretera de Celanova.
Serán 470 metros dunha pista que conformará a primeira fase da nova circunvalación da vila e por onde se desviará o tráfico pesado (camións de area e de máis de 16 toneladas) para evitar o seu paso polo tramo urbano da avenida de Celanova e así non talar as árbores.
O traxecto da futura circunvalación, que medirá en total preto de 4.300 metros, seguiría pola vía paralela á pista do Sitibal, pola Ponte do río Limia, a pista do Bouzo, a estrada de Lamas e a estrada de Baltar.
O goberno local asumirá a titularidade do tramo urbano da avenida de Celanova e a Xunta manterá a inversión prevista para acondicionala. Agardase que, unha vez reformado o proxecto, as obras se inicien a finais deste verán.