EMPREGO

Obradoiro de emprego para catro concellos

Todas aquelas persoas, homes e mulleres, que estén interesadas en participar, deberán inscribirse, previamente, na oficina de emprego de Xinzo de Limia como "demandantes do obradoiro"

O concello de Sandiás poderá beneficiarse, xunto cos municipios de Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Barrio, dun novo obradoiro de emprego da Xunta de Galicia para este curso 2017 e 2018. 

Todas aquelas persoas, homes e mulleres, que estén interesadas en participar, deberán inscribirse, previamente, na oficina de emprego de Xinzo de Limia como "demandantes do obradoiro". O prazo límite para efectuar este trámite será o vindeiro martes,  día 12 de setembro. 

En total serán cinco, as prazas destinadas aos participantes no curso que procedan da zona de Sandiás. 

Será necesario, para poder optar a unha praza, que os aspirantes teñan todos os documentos do Instituto Nacional de Emprego correctamente actualizados e, ademais, os cursos e competencias clave computarán á hora de outorgar a praza. 

Será a quinta edición deste obradoiro conxunto no que o pasado ano se formaron veciños dos catro concellos nas materias de xardinería e de albanelería. 

Te puede interesar