Todas aquelas persoas, homes e mulleres, que estén interesadas en participar, deberán inscribirse, previamente, na oficina de emprego de Xinzo de Limia como "demandantes do obradoiro"
O concello de Sandiás poderá beneficiarse, xunto cos municipios de Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Barrio, dun novo obradoiro de emprego da Xunta de Galicia para este curso 2017 e 2018.
Todas aquelas persoas, homes e mulleres, que estén interesadas en participar, deberán inscribirse, previamente, na oficina de emprego de Xinzo de Limia como "demandantes do obradoiro". O prazo límite para efectuar este trámite será o vindeiro martes, día 12 de setembro.
En total serán cinco, as prazas destinadas aos participantes no curso que procedan da zona de Sandiás.
Será necesario, para poder optar a unha praza, que os aspirantes teñan todos os documentos do Instituto Nacional de Emprego correctamente actualizados e, ademais, os cursos e competencias clave computarán á hora de outorgar a praza.
Será a quinta edición deste obradoiro conxunto no que o pasado ano se formaron veciños dos catro concellos nas materias de xardinería e de albanelería.