Un obradoiro formará profesionais de Xinzo e Sandiás

Indicación del Camino a Santiago (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Os proxectos a desenvolver polo obradoiro están relacionados coa Vía da Prata. (Arquivo)
Os alumnos do obradoiro serán desempregados maiores de 18 anos que recibirán un certificado coa duración en horas da súa participación no programa, o nivel de formación teórico-práctico adquirido, os módulos formativos cursados e un diploma.

O Concello de Xinzo de Limia e o de Sandiás promoverán a celebración dun obradoiro de emprego do que se beneficiarán 16 persoas en situación de desemprego e que mellorará considerablemente distintas infraestruturas ao paso da Vía da Prata, que atravesa ambos municipios. Estes dous concellos uniron esforzos para solicitar á Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención por valor de 277.556 euros co propósito de poñer en marcha esta iniciativa, a cal prolongarase durante un periodo de nove meses e formará a profesionais da albanelería e da xardinería. Os alumnos do obradoiro serán desempregados maiores de 18 anos que recibirán un certificado coa duración en horas da súa participación no programa, o nivel de formación teórico-práctico adquirido, os módulos formativos cursados e un diploma. Neste senso, as bases de selección do alumnado poden consultarse na páxina web do Concello.

Dende o Concello de Xinzo xa desvelaron algúns dos proxectos previstos a desenvolver na súa área e que contarán con financiamento municipal: a mellora da pavimentación e accesibilidade no Camiño de Santiago ao seu paso pola avenida de Ourense, o parque do Pombal e a rúa Rosalía de Castro, así como a rehabilitación dunha área degradada que se atopa á beira do río Limia -ao carón do parque da Seara e a estrada de Baltar- para convertela en parque urbano. Neste punto está previsto acondicionar un servizo de esparexemento dos peregrinos.

Te puede interesar