Nova imaxe para O Pombal, en Xinzo, grazas ao Obradoiro Vía da Prata

obradoiro2
photo_camera Os concelleiros e alcaldesa visitaron aos alumnos do obradoiro de Emprego.
“Contar cun obradoiro de emprego na vila fai posible actuacións moi necesarias nos espazos públicos ao tempo que se forma a persoas en situación de desemprego para a súa inclusión no mercado laboral”, sinalou a rexedora, Elvira Lama. 

Un dos puntos que precisaba en Xinzo especial atención era o Parque do Pombal, ubicado no corazón da vila. O Obradoiro de Emprego Vía da Prata, do que forman parte 16 persoas -na súa meirande parte mulleres-, está a acometer estes días diversas tarefas para a reparación das lousas en peor estado, así como das beirarrúas, e tamén para a rehumanización de este enclave lúdico e de esparexemento. “Contar cun obradoiro de emprego na vila fai posible actuacións moi necesarias nos espazos públicos ao tempo que se forma a persoas en situación de desemprego para a súa inclusión no mercado laboral”, sinalou a rexedora, Elvira Lama, que, acompañada do concelleiro de Obras, Ramón Gómez Salgado e do edil titular de Infraestruturas, Rafael Penabad, visitou os traballos que se están levando a cabo neste punto. 

Logo de que o alumnado remate a actuación, desprazarase ao pe do río Limia, xunto á estrada de Baltar, para rehabilitar unha área abandonada -unha antiga escombreira- e convertela nun parque urbano.

Te puede interesar