A Limia

As obras da Torre Fírbeda costaron case 48.000 euros

A Limia

A LIMIA

As obras da Torre Fírbeda costaron case 48.000 euros

A delegada territorial de Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou onte o concello de Porqueira acompañada pola alcaldesa Susana Vázquez co obxectivo de comprobar os resultados da actuación neste Ben de Interese Cultural

A intervención para mellorar os accesos á Torre Fírbeda do concello de Porqueira chegou á súa fin. O municipio limiao foi un dos 30 de toda Galicia que percibiu unha axuda por parte da área de Turismo da administración autonómica -neste caso de preto de 48.000 euros- para mellorar os seus recursos turísticos. 
En total, a Xunta investiu máis de 3,3 millóns de euros para o fomento da accesibilidade e a sinalización turística dos bens históricos rurais.

A delegada territorial de Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou onte o concello de Porqueira acompañada pola alcaldesa Susana Vázquez co obxectivo de comprobar os resultados da actuación neste Ben de Interese Cultural (BIC). 

Durante a visita, a delegada territorial explicou que o obxectivo desta liña de subvencións é dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalizacións adecuadas para convertelo nun recurso accesible. Grazas á intervención de Porqueira tamén se mellorou a seguridade do entorno.