Pantallas e gaiteiros de Xinzo irán ao Entroido de Lanzarote

Ao remate do Entroido limiao, nove pantallas e cinco gaiteiros viaxarán ata as Illas Canarias para participar nos desfiles do Entroido desta localidade lanzaroteña, que se celebrarán os días 9, 10, 11 e 12 de marzo.

O Entroido de Xinzo de Limia estará presente en Teguise, unha das cidades máis importantes da Illa de Lanzarote, por medio das pantallas e da música popular galega.

Ao remate do Entroido limiao, nove pantallas e cinco gaiteiros viaxarán ata as Illas Canarias para participar nos desfiles do Entroido desta localidade lanzaroteña, que se celebrarán os días 9, 10, 11 e 12 de marzo.

As pantallas que estarán nesta festividade son, segundo Dani Fariñas, membro da directiva da Asociación Cultural A Pantalla: "Xente veterana do Entroido de Xinzo, que leva vestindo o traxe de pantalla dende hai moitos anos".

As pantallas non desfilarán soas. Estarán acompañadas de cinco gaiteiros da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia . O de Xinzo, será o único Entroido foráneo que participará no desfile.

Non é a primeira vez que as pantallas saen do Entroido limiao para participar noutras festividades. Xunto co grupo de gaiteiros, estiveron presentes nos últimos anos en localidades como Lisboa, onde se xuntaron máis de 40 pantallas, Santiago, Pontevedra, Asturias ou o País Vasco.É posible, que este verán viaxen ata Bruselas.

Te puede interesar