A LIMIA

Porqueira contará cun Plan Básico de Urbanismo

Porqueira
photo_camera A conselleira, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez.

Dotará ao municipio de seguridad xurídica e adecuación ao marco normativo de urbanismo

Pola súa natureza de Concello con menos de 5.000 habitantes, Porqueira contará cun Plan Básico Municipal que dotará ao municipio de seguridade xurídica e adecuación ao marco normativo en materia de urbanismo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá a redacción deste instrumento que permitirá substituir as Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1991 e polas que se rexía a localidade ata o momento, por un plan máis actualizado que lle permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano. 

En definitiva, e tal e como lle explicou a responsable de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, á rexedora de Porqueira, Susana Vázquez, o municipio contará cunha ordenación básica, cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponderá á Comunidade Autónoma e que estará vixente ata que haxa razóns determinantes dunha maior complexidade urbanística.

Te puede interesar