A Limia

Porqueira recibiu 2,6 millóns nestes catro anos

A Limia

política

Porqueira recibiu 2,6 millóns nestes catro anos

Blasinda Salgado, Marisol Díaz e Susana Vázquez repasan as actuacións.
photo_cameraBlasinda Salgado, Marisol Díaz e Susana Vázquez repasan as actuacións.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo un encontro de traballo coa rexedora de Porqueira, Susana Vázquez

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo un encontro de traballo coa rexedora de Porqueira, Susana Vázquez, co obxectivo de analizar as actuacións realizadas nestes últimos catro anos no municipio ourensán e as achegas económicas da entidade autonómica para desenvolvelas. Neste senso, Porqueira recibiu no último mandato 2,6 millóns de euros, cantidade que posibilitou, segundo concluiron ambas representantes institucionais, a posta en funcionamento dun centro de día residencial, a ampliación do mercado tradicional, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a promoción de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, a mellora de estradas e doutras infraestruturas como as piscinas municipais.

Tamén se eliminaron puntos de vertidos incontrolados e se melloraron os accesos á Torre Fírbeda. Diaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar a executar proxectos no municipio, insistindo nas "vantaxes da colaboración".

Más en A Limia