IGUALDADE

O PP da capital limiá presenta unha moción a prol da igualdade

Preténdese loitar contra os estereotipos de xénero e dar apoio á conciliación para as mulleres da vila

Co obxectivo de profundizar nas políticas de igualdade entre homes e mulleres e de estreitar relacións entre o asociacionismo feminino e a administración, o grupo municipal popular de Xinzo levará ao vindeiro pleno unha moción para profundizar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, a través de campañas e accións de sensibilización e información ao conxunto da cidadanía sobre as vantaxes sociais da conciliación corresponsable. 

Neste senso, dende o grupo de goberno queren poñer en marcha un programa anual de recoñecemento ao labor, traballo e talento das mulleres que contribuiron o desenrolo cultural económico e social.

Tamén se pretende promover unha comunicación libre de mensaxes e imaxes que reproduzan estereotipos de xénero e potenciar a transmisión de contidos que fomenten a corresponsabilidade.

Por outra banda, os populares de Xinzo queren consolidar un sistema de apoios á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, con discapacidade ou en situación de dependencia, en colaboración coa Xunta de Galicia. 

Liñas de axuda 

O PP de Xinzo pretenden instar á Xunta de Galicia a que mellore as liñas de axuda para as entidades locais co obxectivo de incrementar os recursos a disposición da cidadanía a prol da igualdade de xénero.

Te puede interesar