política

O PP de Xinzo critica a falta do campo na praza Carlos Casares

o grupo asegura que esta situación vén prolongándose durante algo mais de dous meses e que ten recibido numerosas queixas de pais e nais

O grupo municipal popular de Xinzo criticou a non reubicación do campo de fútbol da praza Carlos Casares que se desmontou con motivo das festas da localidade. O PP asegura que esta situación vén prolongándose durante algo mais de dous meses e que ten recibido numerosas queixas de pais e nais. 

"Na época estival que é cando hai máis horas para que os nosos pequenos estean xogando na rúa, atopámonos con que unha zona que ten moita influencia de menores xogando ao futbito 3x3, se encontra desmontada e sen plans de montala de inmediato", din os populares.

"Igual que este Grupo aínda non ten novas se a zona deportiva urbana que se tiña prevista instalar na Alameda do Toural, subvencionada ao 100% pola Deputación, se vai a executar, ou onde se ten pensado montar a nova pista de 3x3 e o novo xogo de canastas urbanas, que leva dende fai dous meses no almacén municipal", engaden. 

Dende o Partido Popular de Xinzo aseguran, por outra banda, que "os xogadores de baloncesto do municipio e practicantes deste deporte seguen a esperar polas novas canastas que tamén están gardadas no almacén  municipal, e deberían sustituir as vellas que hai nas instalacións da piscina exterior".

O futuro deste Concello "está nos máis peques" e o deporte é saúde para eles, din os ediles populares. "Non deixemos que se empece a perder o conseguido estes anos, co traballo de todas e de todos".n

Te puede interesar