A LIMIA

O PP de Xinzo propón a cesión de dous viais á Deputación

O grupo de goberno de Xinzo propoñerá no vindeiro pleno a cesión de dous novos viais á Deputación de Ourense debido á falta de medios para o seu mantemento

O grupo de goberno de Xinzo propoñerá no vindeiro pleno a cesión de dous novos viais á Deputación de Ourense debido á falta de medios para o seu mantemento. Trátase, por unha banda, da estrada que dende A Lomba comunica aos pobos de Ribeira, A Gorgoloza, Cima de Ribeira e Soutelo de Ribeira e que conta cunha lonxitude de 5 quilómetros dende a estrada OU 301 ata a OU1120 e, pola outra, do vial que vai dende O Cabreiro a Gudín, cunha lonxitude de 2,5 quilómetros dende a estrada OU1107 p. k. 8,2 á OU1108 p. k. 7. Ambos viais presentan, segundo os populares, "grandes deficiencias na capa de rodadura e na sinalización vertical e horizontal". 

Dende o PP local subliñan que nos últimos tempos e "debido ao incremento de tránsito de vehículos pesados" este mantemento require dunha maquinaria "da que o Concello carece".

Te puede interesar