Premios de 100 euros para as casas máis fermosas de Xinzo

concurso2 (1)
photo_camera Unha das vivendas participantes no concurso.
O obxectivo desta iniciativa pasa por afianzar a colaboración entre a cidadanía e o Concello para coidar e mimar os espazos públicos, así como crear entornos que sexan agradables. 

A Concellería de Cultura de Xinzo convocou un ano máis, e xa son tres, o Concurso Xinzo en Flor  para o embelecemento de balcóns e xanelas. O obxectivo desta iniciativa pasa por afianzar a colaboración entre a cidadanía e o Concello para coidar e mimar os espazos públicos, así como crear entornos que sexan agradables. 

Do mesmo xeito que aconteceu durante as pasadas edicións, establecéronse dúas categorías: Xinzo Vila e Xinzo Pobos, e dous premios para cada unha delas. Os galardoados recibirán vales de 100 euros para mercar nos comercios do municipio e dinamizar, do mesmo xeito, a economía local. 

O xurado premiou os balcóns e xanelas máis fermosas e, para conseguir iso, os participantes empregaron na decoración das fachadas plantas vivas e elementos ornamentais que fosen visibles dende as rúas. Tal e como subliñan dende o Consistorio, valorouse especialmente na conccesión dos premios “a orixinalidade e a creatividade da composición, a calidade ornamental, a harmonía e deseño do conxunto e a laboriosidade”. 

Os gañadores recibirán mañá sábado os seus premios nun acto previsto para as 12,00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial de Xinzo de Limia.

Te puede interesar