A prevención da violencia de xénero, a estudo na vila limiá

Xornada2
photo_camera La alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, se dirige a los partipantes en la sesión.
A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama -que tamén participou na sesión- destacou este xoves a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas ideadas para protexer ás vítimas, e alertou, do mesmo xeito, de que as denuncias xa chegan actualmente ás cifras que se manexaban antes da pandemia

Un total de 40 profesionais do Centro de Información á Muller, traballadores municipais, educadores sociais, concelleiros da corporación e integrantes das forzas e corpos de seguridade locais -Garda Civil e Policía Local- participaron en Xinzo de Limia nunha xornada formativa especializada en violencia de xénero co obxectivo de contribuir, cos coñecementos adquiridos, á prevención desta lacra dende os seus postos de traballo e ocupacións e a mellorar a atención ás vítimas que padecen este tipo de violencia neste entorno. 

Esta iniciativa, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xinzo, foi promovida pola Subdelegación do Goberno en Ourense e centrouse, máis concretamente, na intervención policial e protección das vítimas. 

Foron axentes do Equipo Muller - Menor da Policía Xudicial da Garda Civil os encargados de dirixir esta actividade que, ademais de en Xinzo, se está a desenvolver noutros oito concellos da provincia de Ourense e pretende chegar aos 91 municipios. Segundo apuntaron dende o Consistorio limiao, a proposta espertou na vila “un gran interese entre os profesionais para loitar contra a lacra da violencia de xénero”. 

SALVAR ÁS MULLERES

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama -que tamén participou na sesión- destacou este xoves a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas ideadas para protexer ás vítimas, e alertou, do mesmo xeito, de que as denuncias xa chegan actualmente ás cifras que se manexaban antes da pandemia do coronavirus: “Toda información e formación  da sociedade no ámbito da prevención da violencia de xénero contribúe a salvar as mulleres das agresións que podan estar sufrindo”, manifestou a rexedora local limiá.

Te puede interesar