Produtos locais, obradoiros, música e artesanía para demostrar o valor da importancia do rural

Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense; José Antonio Valado, alcalde de Verea; Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus e presidente do GDR Limia-Arnoia; Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR Eu Rural.
photo_camera Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense; José Antonio Valado, alcalde de Verea; Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus e presidente do GDR Limia-Arnoia; Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR Eu Rural.
A iniciativa “A Esencia da orixe” é un proxecto que ten como obxectivo a posta en valor do rural, así como dos produtos locais, a través da gastronomía, da cultura e do patromonio, e que se sitúa como o seguinte chanzo do proxecto de cooperación transnacional Eurocheff II

A presentación do proxecto “A esencia da orixe” abarrotou o domingo 19 na localidade de Pitelos, en Verea. Sobre todo a media mañá, hora á que as familias con nenos e nenas de Verea se achegaron ata a Gandería Nogueira onde puideron ver a transformación dun galpón nun espazo novidoso no que se celebrou o evento que estivo amenizado polo cuarteto Caramuxo e no que se contou tamén coa presenza de distinntos postos de artesanía.

Eva González, xerente do GDR 10 Limia-Arnoia, destaca “a importancia de unha proposta que rompe cos moldes estabrecidos, os marcos actuais que veñen limitando a organización de actividades culturais e que non se fan normalmente. queríamos romper esa dinámica, partindo de unha premisa sinxela: por que non traemos alta cociña, música de calidade e cultura á terra onde se producen?” Baixo esta iniciativa “transformamos unha galleira en Pitelos nun espazo cultural, unha presentación que esperamos que sexa un evento anual que vaia movéndose de unha localidade a outra ano tras ano e na que a propia explotación agrícola elexida sexa o escenario”.

Este acto estivo organizado polo GDR Limia-Arnoia, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte, o Concello de Verea, Ganadería Nogueira e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A xornada comezou ao medidía cunha sesión vermú con degustación de produtos da zona cociñados in situ por Iván Méndez, xefe de cociña en Tabalú Food&Tech; e Álex Iglesias, do restaurante Dúas Liñas de Arzúa; que fixeron unha demostración de como se poden transformar os distintos produtos na súa orixe a través da alta cociña. Empanada de mexilóns, verduras da horta do Rosal, torrixa de pan do Porriño, ñoquis de pataca galega, cabaza e shitake, papanduxas homenaxe a Álvaro Cunqueiro, panceta confitada e suflada con crema de grelos e pataca de Galicia, milfollas de filloa e requeixo con virutas de mazá da Estrada, tataki de rubia galega con pataca risolada da Limia, foron algún dos pratos que puideron degustar as familias que acudiron á cita. Mentras, a rapazada participou en diferentes obradoiros nos que dun xeito lúdico descubriron moitas das actidades do campo e tamén degustaron mini burguers de cachena, bica de Verea e roscón de Copena Gondomar e zume de mazá ecolóxico.

O evento proseguiu pola tarde cunha visita a Gandería Nogueira que actualmente conta con máis de 300 reses. “É aquí onde está a verdadeira esencia da orixe” asegurou Eva González. A xornada rematou co cociñeiro Gerson Iglesias, do restaurante Erva do hotel Oca Vila de Allariz.

Te puede interesar