SECTOR TERCIARIO

Promoción do turismo de observación de aves na comarca

Así mesmo propón aos interesados un total de catro roteiros pola comarca onde poder visualizar e fotografar as aves máis características da zona

O programa Galicia Birding posto en marcha pola Xunta na web www.turismo.gal, recomenda A Limia como un dos destinos galegos máis adecuados para a observación de aves.  O portal destaca que "A Limia ten unha paisaxe única en Galicia, con amplos campos de cultivo nunha zona chá, parcialmente inundable e flanqueada por montañas de perfís arredondados". 


Así mesmo propón aos interesados un total de catro roteiros pola comarca onde poder visualizar e fotografar as aves máis características da zona. 


Para isto último, convocan o I Concurso de Fotografía de Aves, cuxo prazo de inscripción remata o vindeiro día 11 de novembro. O premio é unha estancia dunha fin de semana para 2 persoas nunha casa de turismo rural.  Para participar é preciso acudir á páxina de Facebook de Turgalicia ou á propia web de Turismo.
 

Te puede interesar