A LIMIA

O PSOE limiao critica o retraso nas charlas sobre desbroces

O grupo sinala "a pasividade e preguiza" do goberno local por informar á veciñanza sobre os desbroces e limpezas de fincas de carácter obrigatorio

O Partido Socialista de Xinzo critica "a pasividade e preguiza" do goberno local por informar á veciñanza sobre os desbroces e limpezas de fincas de carácter obrigatorio "o último día do prazo para executalas". 

A portavoz do PSOE de Xinzo, Elvira Lama, asegurou que "mentres outros concellos organizaron charlas informativas polo miúdo en cada parroquia co fin de informar aos veciños e veciñas e de aclarar dúbidas sobre as franxas de protección que determina a nova normativa, en Xinzo agardan ao último día para facer unha única reunión na Casa da Cultura á que moitos interesados non puideron ir". Lama subliñou que o feito de que o encontro fora fixado ás 11,00 horas, impediu a moitas persoas acudir polas súas "obrigas laborais". 

A nova normativa determina que estes traballos de limpeza e roza deberían estar rematados o pasado 31 de maio.

Te puede interesar