O PSOE de Rairiz volve censurar as visitas de Ambrosio ao Concello

Para Lorenzo, "todos os indicios apuntan a que as visitas non responden a temas personais, senón a temas municipais".

Pablo Lorenzo, portavoz do grupo socialista no Concello de Rairiz de Veiga, volveu a criticar onte que o exalcalde Xaquín Rodríguez Ambrosio "acude varios días á semana ao seu antigo despacho para departir coa actual alcaldesa sobre temas municipais". Para Lorenzo, "todos os indicios apuntan a que as visitas non responden a temas personais, senón a temas municipais".

Por este motivo, o portavoz socialista deu orden aos servicios xurídicos do PSOE "para que estuden a posibilidade de levar este asunto aos tribunais e así esclarecer se tanto Xaquín Rodríguez como a actual alcaldesa estan incorrendo nalgún delito por estas actuacións".

Diante da crítica do portavoz socialista, Xaquín Rodríguez Ambrosio afirma que Pablo Lorenzo "é un sicópata e un paranoico e como tal haberá que tratalo". Insiste en que "non pode negáselle a un vecino que acuda ao seu Concello e penso levar o caso aos tribunais por acoso".

Te puede interesar