A LIMIA

O PSOE recela do cambio de uso dunha parcela

O alcalde de Xinzo defende a legalidades do cambio e acusa ao grupos socialista de non informarse dos cambios lexislativos.

 

O grupo socialista do Concello de Xinzo denuncia a"existencia de motivos económicos" trala delimitación da parcela dun particular como solo urbanizable de uso industrial. O expediente, promovido polo consistorio, está sendo tramitado na Xunta de Galicia carece, para os socialistas, de "interese xeral". Os propietarios das parcelas colindantes non foron informados deste cambio de uso, o que supón, para a voceira do PSdeG, Elvira Lama, "unha vulneración dos dereitos dos outros veciños". Para os denunciantes, estase vulnerandoo PXOM do municipio e a Lei do Solo de Galicia.

O rexedor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, acusa á portavoz socialista de "non enterarse de nada" e aclara que "houbo unha modificación da lexislación que que permitía legalizar fóra da ordenación a todas as actividades de uso comercial que cumpriran certos requisitos". Afirma tamén que o cambio de uso "é completamente legal e mesmo non temos alternativa".

Te puede interesar