O PSOE de Xinzo critica o abandono de residuos

Lixo amontoado do almacén das brigadas en Xinzo.
photo_camera Lixo amontoado do almacén das brigadas en Xinzo.

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia acusa ao alcalde, Amador Díaz, e ao seu equipo de goberno, formado por AXIL e o PP, de atentar “gravemente” contra a saúde pública e o medio ambiente, tras depositar todo tipo de lixo “altamente” contaminante na explanada do almacén das brigadas municipais, no canto de levalo separadamente seleccionando ó lugar que lle corresponde, que é o punto limpo. Dende o grupo municipal socialista de Xinzo explican que no campo da feira, onde está o almacén das brigadas, “amontóase lixo de todo tipo”.

Elvira Lama pon o foco en que “non podemos pedirlle a poboación que recicle e separe o lixo cando o Concello non o fai”.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, pola súa parte, non quixo facer declaracións ao respecto sobre iste tema.

Te puede interesar