O PSOE de Xinzo pide crear o Museo de Carlos Casares

La ex-alcaldesa de Xinzo de limia, Elvira Lama.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera La ex-alcaldesa de Xinzo de limia, Elvira Lama. Foto: Xesús Fariñas
A voceira do PSdeG-PSOE, Elvira Lama, acusa ao goberno de "desentenderse dos proxectos culturais ambiciosos"

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia úrxelle ao Concello a que proceda a buscar financiamento para a creación do novo museo de Carlos Casares na localidade.

Os socialistas denuncian que cinco meses despois de producirse o cambio de goberno, o proxecto “non está nin redactado, nin tampouco teñen claro onde van a buscar o financiamento necesario para a súa execución”.

A voceira do PSdeG-PSOE, Elvira Lama Fernández, acusa ao goberno de Amador Díaz e do Partido Popular de “desentenderse dos proxectos culturais ambiciosos, como é a creación do novo museo de Carlos Casares, no edificio mercado para tal fin o pasado mes de maio polo anterior goberno encabezado polos socialistas”.

Dende o grupo municipal socialista de Xinzo de Limia lembran que o proxecto, tal e como está reflectido na memoria, “serviu de base para acometer a compra dun inmoble na Praza Maior da vila, que ademais de servir para o museo, empregaríase tamén como punto de información turística de todo o concello e da comarca”.

Amador Díaz, alcalde de Xinzo, comentou que “hai unha compra dun edificio de 400.000 euros que o Concello non pode asumir. Temos que buscar a financiación, estamos traballando niso para sacar o proxecto adiante”.

Te puede interesar