O PSOE de Xinzo pide pavimentar os cemiterios locais

Cemiterio de Xinzo de Limia.
photo_camera Cemiterio de Xinzo de Limia.

O grupo municipal socialista de Xinzo de Limia presentou unha iniciativa para demandar ao equipo de goberno de Axil e PP a “urxente pavimentación” dos cemiterios municipais, logo de constatar o desleixo do que son obxecto, que se ve agravado pola falta de persoal para o seu coidado e mantemento

Dous dos tres cemiterios cos que conta o Concello teñen un firme de terra, desigual e cheo de fochas, o cal provoca asolagamentos nos meses de chuvias e a proliferación de herbas durante o estío, dificultando, e mesmo impedindo, o acceso ás sepulturas, o cal se vería agravado polo feito que “os servizos de limpeza do Concello xa non dan abasto”.

“Son moitas as persoas que visitan estes espazos a diario e máis cando se achega Fieis Defuntos, e son estas as demanda que o Concello, como titular destes espazos que ten a obriga de manter, os dote dun pavimento para acabar cos problemas referidos”, indica a voceira do grupo socialista Elvira Lama.

“Contamos con tres cemiterios na vila de Xinzo, a saber, o Vello, o Novo e o Novísimo, sendo este último o máis recente e o único que ten un pavimento de lousas, que permite a canalización e recollida de augas pluviais nos meses de chuvias e a súa axeitada limpeza o resto do ano”, explica a voceira socialista, Elvira Lama.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, declarou sobre iste asunto que “fixemos unha moción conxunta, e no grupo do goberno imos ter un compromiso por arranxar isto. Quero añadir tamén que a urxencia do grupo solicialista non se viu reflexada nos catro anos anteriores que estiveron no goberno”.

Te puede interesar