O PSOE de Xinzo rexeita o asfalto na Vía da Plata

La ex-alcaldesa de Xinzo de limia, Elvira Lama.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera La ex-alcaldesa de Xinzo de limia, Elvira Lama. Foto: Xesús Fariñas
Os socialistas de Xinzo cualifican de "chapuza" a actuación que se está a facer no empedrado do camiño

O PSdeG-PSOE de Xinzo afirma que o alcalde, Amador Díaz, atentou gravemente contra o patrimonio histórico do Camiño de Santiago, concretamente na Vía da Plata, ao seu paso pola capital da Limia. Os socialistas consideran que a actuación levada a cabo no empedrado do camiño, en pleno casco vello de Xinzo, substituíndo as lousas de pedra por asfalto aglomerado en numerosos puntos “é unha auténtica chapuza e un completo despropósito patrimonial”.

Este grupo municipal solicitará información desta “cuestionable actuación”, que na súa opinión, “atenta contra o patrimonio e estraga a calidade do Camiño, polo que transitan os peregrinos e as peregrinas a diario”. Así, engaden os socialistas que “estamos ante unha clara mostra do que non se debe facer no urbanismo e no mantemento do patrimonio” e apuntan a que pedirán que “sexa substituído por outra fórmula menos agresiva”.

A falta de sensibilidade do actual goberno, encabezado por Amador Díaz, pon en evidencia as eivas do equipo de goberno, en canto o que se pode ou non se pode facer nas actuacións mais sensibles”, explica a portavoz do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández. A edil socialista lembra que este punto concreto da vila “conta con protección e calquera actuación debe seguir as recomendacións da guía de boas prácticas nas actuación do Camiño de Santiago”.

Te puede interesar