MEDIO AMBIENTE

Rairiz advirte da aparición de vertidos incontrolados

O Concello insta aos veciños a mellorar as conductas neste sentido e remarca a "obriga" de conservar o patrimonio, a paisaxe e a natureza en bo estado

O Concello de Rairiz de Veiga fixo público un bando no que alerta da aparición en "moitos lugares" do municipio "de verquidos incontrolados" e "do abandono de aparellos e refugallos en sitios indebidos" . Por este motivo, o Concello insta aos veciños a mellorar as conductas neste sentido e remarca a "obriga" de conservar o patrimonio, a paisaxe e a natureza en bo estado. 

A alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade, sinalou que nas últimas semanas localizáronse varios electrodomésticos abandoados en lugares inadecuados,  feitos que nalgúns casos obedecen, segundo a rexidora, "a un descoñecemento por parte dos veciños". 

Dende o Consistorio advirten con aplicar as correspondentes sancións económicas que, recordan, poden chegar ata os 60.000 euros. 

Te puede interesar