A Romaría da Saínza estreará unha foliada

-11.00 horas: Presentación da Romaría da Saínza.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta a Romaría da Saínza acompañado pola alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
photo_camera Ana Belén Míguez, Rosendo Fernández, Asunción Morgade e Julio Domínguez.
Incluirá obradoiros de música para os máis pequenos, baile tradicional, ou pasarrúas

O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; e o presidente e maila secretaria da asociación Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Ana Belén Míguez, reuníronse este martes no Pazo Provincial para presentar unha nova edición da Romería da Saínza, declarada de Interese Turístico no ano 2000 e que nesta nova edición incorporará a primeira Foliada da Saínza como a principal novidade. 

Será entre os vindeiros días 23 e 25 cando teña lugar esta emblemática celebración que mestura, tal e como subliñan dende a Deputación -entidade colaboradora- “historia, tradición e modernidade”, sendo o combate entre mouros e cristiáns -domingo, 13,00 horas- o punto álxido da festa precedido doutro encontro o sábado a medianoite. Dita recreación sitúase no ano 1840.

No acto de presentación, Rosendo Fernández destacou a “significativa participación veciñal” nunha celebración “que vive como autenticamente súa”, e que ademais é “unha das últimas grandes festas do verán ourensán”.

Pola súa banda, Asunción Morgade, -logo de agradecer ao ente provincial e á Xunta de Galicia a súa colaboración- falou dun momento “destacado” no concello de Rairiz de Veiga, “pois retomamos unha festa interrompida desde hai dous anos, ofrecendo un programa de actividades extenso e aberto a todos os públicos”. Ademais do histórico combate, onde os soldados estrerán traxes este ano, a alcaldesa profundizou na celebración da I Foliada da Saínza, que incluirá obradoiros de música para os pequenos, música e baile tradicionais, alboradas e pasarrúas.

Te puede interesar