Sandiás anima aos veciños a saír á caza do lixo no 5 de xuño

A acción comezará ás 09,00 horas da mañá do sábado e prolongarase ata as 13,00 horas da tarde. 

O Concello de Sandiás continúa tratando de involucrar e mobilizar aos seus veciños para o coidado do medioambiente e no mantemento dos entornos libres de lixo mediante distintas iniciativas e actividades específicas. Neste caso e para conmemorar o vindeiro día 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, propoñerase unha campaña que levará por título “Á caza do lixo”. 

A acción comezará ás 09,00 horas da mañá do sábado e prolongarase ata as 13,00 horas da tarde, sendo a Casa Consistorial de Sandiás o punto de encontro de todos os participantes. Entre as accións previstas dentro da xornada realizarase unha recollida de varios puntos de lixo nos montes do municipio, e trasladaranse os mesmos ao punto limpo do concello de Xinzo de Limia. 

Por outra banda, no percorrido, farase unha recollida de plásticos, botellas, cristais e restos de cartelería que se atopen en lugares inadecuados . 

Todos estes traballos centraranse, nesta terceira campaña polo medioambiente, no pobo de Piñeira de Arcos e dende o Concello de Sandiás recomendan aos participantes que acudan provistos dun par de luvas, unha bolsa para introducir o lixo, pinzas para realizar a recollida e un vehículo de soporte. 

Para obter máis información sobre esta iniciativa poderase contactar co propio Concello ou consultar a súa páxina web.

Te puede interesar