magosto

Sandiás celebrará o próximo 9 de novembro o seu magosto popular

A festa estará amenizada con música e tamén haberá inchables para os máis pequenos

O Concello de Sandiás celebrará o vindeiro 9 de novembro o seu magosto popular na pista polideportiva do municipio. A festa arrancará a partir das 19,30 horas e contará cun menú composto de empanada, chourizo, costela, castañas, viño e refrescos. Ao remate haberá licor café para os participantes, unha "gran queimada" e chocolatada. Para poder participar será necesario adquirir un vale que terá un custe de sete euros e co que se incluirá unha taza. Poderá atoparse no Concello ata o día 6 de novembro. 

A festa estará amenizada con música e tamén haberá inchables para os máis pequenos.Neste senso, os cativos de menos de seis anos non pagarán entrada.

Te puede interesar