política

Os socialistas de Xinzo piden que se constrúa unha nova residencia

Apuntan a un crecemento do número de persoas de máis de 65 anos, que xa superan as 2.600 en Xinzo e fan "insuficiente" o servizo ofertado pola residencia de San Rosendo

O principal grupo da oposición de Xinzo solicitará na vindeira sesión plenaria a construcción dunha nova residencia para maiores. Apuntan a un crecemento do número de persoas de máis de 65 anos, que xa superan as 2.600 en Xinzo, polo que o servizo ofertado pola residencia de San Rosendo faise "insuficiente". 

Na moción rexistrada polo PSOE limiao tamén demandan un informe técnico a Urbanismo para saber que terreos poderían ser empregados para edificar o centro, e a redacción dun proxecto e memoria xustificativa das necesidades en función da poboación de maiores de 65 anos -patoloxías, demencia senil, alzhéimer e número de dependentes-. 

A portavoz socialista, Elvira Lama, asegurou que estamos "ante un problema crecente que debe ser tratado con prioridade, pois a nosa poboación é maior -un 26,4 por cento do total- e, ademais, moitos son dependentes ou viven sós, polo que precisan coidados especiais".

Te puede interesar