A evolución do covid obriga a suspender a feira do día 27 en Xinzo

Una de las ferias celebradas en Xinzo durante la pandemia. (Foto: Martiño Pinal)
photo_camera Una de las ferias celebradas en Xinzo durante la pandemia. (Foto: Martiño Pinal)

Dende o día 14 triplicáronse os contaxios na vila

Os vendedores ambulantes de Xinzo non poderán regresar aos seus puntos de venda o vindeiro día 27. O Concello de Xinzo adoptou este martes a decisión de suspender o mercadiño logo da reunión do comité clínico e da mantida entre a Vicepresidencia e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia coas policías locais de toda Galicia. O motivo é, tal e como sinalan dende o Consistorio, "a negativa evolución da covid-19 no municipio durante os últimos días". Ademais, o Goberno local engadiu que, segundo informacións da Vicepresidencia, "producironse brotes en tres localidades galegas como consecuencia precisamente da celebración de mercadillos".

O Concello asegurou que a decisión "consultada e acordada coa oposición" responde a que, dende o día 14, triplicáronse os contaxios na vila limiá "e hoxe -por onte- xa chegan aos 23". A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, considera que "non é o momento de relaxarse, senón de facer todo o contrario: extremar as precaucións, a única maneira de evitar contaxios".

Te puede interesar