A Torre de Pena xa é máis accesible para os visitantes

undefined
photo_camera Imaxe da torre ao fondo e dun novo cartel informativo en primeiro termo.
A Consellería de Cultura e Educación investiu 200.000 euros na súa mellora e conservación

A Consellería de Cultura, Educación e Universidades investiu 200.000 euros nun proxecto para afondar no coñecemento e documentación da Torre de Pena, en Xinzo de Limia, así como para mellorar o seu estado de conservación e favorecer o seu uso como recurso cultural, facendo máis visibles aos visitantes as estruturas do castelo que rodean a torre da homenaxe.

Para amosar aos veciños e persoas interesadas en descubrilo este enclave histórico, a Xunta organiza mañá, a partir das 11,00 horas, unha visita guiada ao castelo na que se poderá participar sen necesidade de inscrición previa. Os asistentes comprobarán as melloras realizadas nos últimos meses, entre elas, un circuíto de visita con recursos informativos que explican as características xerais do castelo e das diferentes estruturas conservadas. 

ÚLTIMA CAMPAÑA

Na última campaña localizáronse novas estancias, mellorouse o torreón e procedeuse á limpeza da muralla que é perfectamente visible con alturas de ata 5 metros. Máis concretamente, no extremo da muralla exterior localizouse un alxibe ou depósito, realizado parcialmente entre os afloramentos graníticos naturais, que ten asociado unha pía ou pozo. Tamén se actuou sobre o torreón próximo á torre da homenaxe, rematando a súa escavación e consolidación.

Por outra banda, limpouse a muralla exterior do castelo, situada en zonas de forte pendente e que estaba moi cuberta de vexetación. 

O Castelo ou Fortaleza da Pena  é un sitio patrimonial de época medieval no que presenta un moi bo estado de conservación a torre da homenaxe, que forma parte do sistema defensivo da Limia.

Te puede interesar