Vilar de Barrio solicita máis centeo para o monte

O centeo comeza a aflorar despois dun mes da súa plantación.
photo_camera O centeo comeza a aflorar despois dun mes da súa plantación.

 O rexidor de Vilar de Barrio, Manuel Conde, asegurou que, un mes despois de que se levara a cabo unha iniciativa para plantar centeo nos montes queimados do municipio, concretamente, na Serra de San Mamede, "demostrouse que a idea funcionou" e o centeo, que comeza a medrar, cumpre coa sua función de frear a erosión e evitar os danos aos ríos próximos -no caso de Vilar de Barrio, o río Arnoia- pola cinsa arrastrada do monte. Neste senso, o alcalde do municipio da comarca limiá pediu a colaboración da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica co obxectivo de repetir esta acción, polo menos para actuar na metade da serra. 

O pasado día 1 de outubro, comuneiros, veciños de Vilar de Barrio e o propio Concello -en total unhas 15 persoas da contorna- promoveron a plantación de 1.000 quilos de centeo na serra, unha actividade simbólica coa que agora se pretende dar un paso máis. O obxectivo é paliar os danos logo de que, este pasado verán, arderan máis de 700 hectáreas durante un incendio forestal.

Te puede interesar