campañas

Vilar de Santos recolle moreas de xoguetes para Cáritas Ourense

Dende a entidade manifestaron que a campaña de recollida "foi un éxito", subliñando "a gran manifestación de colaboración e solidariedade" feita por todos os veciños do municipio

 Nestas datas de Nadal é habitual que as distintas entidades, asociacións e administracións locais leven a cabo campañas solidarias. Neste senso e, un ano máis, o Concello de Vilar de Santos puxo en marcha a súa operación de recollida de xoguetes para nenos e nenas. 

O prazo de recollida comezou o pasado 23 de novembro e rematou o 11 de decembro, e o lugar para depositar os xoguetes foi a Casa Consistorial de Vilar de Santos. Dende a entidade manifestaron que a campaña de recollida "foi un éxito", subliñando "a gran manifestación de colaboración e solidariedade" feita por todos os veciños do municipio. 

Despois da recollida, os usuarios e profesionais do Centro de Día da localidade, así como da Vivenda Comunitaria, afrontaron a tarefa de revisar, limpar e envolver todos os xoguetes, co obxectivo de que fosen nas mellores condicións ao seu destino: a sede de Cáritas Ourense. 
A entrega da furgoneta fíxose o pasado xoves, día 21 de decembro.n

Te puede interesar