Vilariño das Poldras, en Sandiás, mellora o abastecemento

undefined
photo_camera A maquinaria traballa xa na mellora das redes de saneamento e abastecemento.
As actuacións foron licitadas e adxudicadas á empresa Construcciones Viso e Hijos. 

A rúa de Sopenedo, en Vilariño das Poldras (Sandiás), mellorará sustancialmente grazas a un investimento de 48.000 euros correspondente ao Plan Provincial da Deputación de Ourense con cargo ao 2021. Neste senso, acondicionarase un novo sistema de saneamento e de abastecemento no punto e, posteriormente, asfaltarase a estrada da mencionada rúa. 

Deste xeito dase resposta a unha demanda para mellorar neste senso a calidade do servizo para os veciños da contorna

As actuacións, que acaban de comezar, foron licitadas inicialmente e adxudicadas á empresa Construcciones Viso e Hijos. 

Dende o Consistorio sandianés afirmaron que non se trata da única obra realizada neste senso nos últimos meses, xa que renovar as redes máis obsoletas de saneamento e abastecemento de distintos núcleos rurais é obxectivo prioritario

Te puede interesar