EDUCACIÓN

Xinzo “educa" dende os conceptos de igualdade

img_20170330_112511_result
photo_camera Un momento do curso que tivo lugar na aula CeMit da Casa da Cultura de Xinzo.

A xornada estivo organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Xinzo de Limia e impartida polo director e responsable de atención psicolóxica do CIM

A aula Cemit da Casa da Cultura de Xinzo acolleu un obradoiro formativo denominado "Educando dende a igualdade de xénero " dirixido a alumnas e alumnos de competencias clave nivel dous (mulleres e homes en situación de vulnerabilidade social). 

A xornada estivo organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Xinzo de Limia e impartida polo director e responsable de atención psicolóxica do CIM. 

O obxectivo deste obradoiro foi, por unha banda, acercar os conceptos de "igualdade" e "xénero" aos asistentes coa finalidade de previr conductas de maltrato e de violencia ás mulleres. 

Outro dos puntos que se abordou foi a análise e coñecemento do  "Protocolo de actuación municipal para a atención ás vítimas de violencia de xénero", calificado polos responsables do obradoiro como unha ferramenta "eficaz" nos casos de violencia de xénero. 

A formación, que tivo unha duración de catro horas, incluiu varias dinámicas de grupo e unha presentación en power point. 

Te puede interesar