Xinzo flexibiliza en Ganade as normas da construcción

2018011311053788958
photo_camera A modificación afectará a unha das pistas de acceso ao núcleo de Ganade.
A proposta levarase á sesión plenaria de mañá logo de recibir o informe favorable de Patrimonio

Do mesmo xeito que aconteceu en sendas zonas dos pobos de Morgade e de Baronzás, o Concello de Xinzo realizará unha modificación puntual do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal flexibilizando a normativa urbanística e co obxectivo de dar resposta ás demandas veciñais que existen neste senso. Trátase, segundo explicaron dende o Consistorio limiao, de “favorecer a construción de vivendas unifamiliares no rural e a expansión dos núcleos”. 

Na sesión plenaria de mañá martes -salón de plenos, 13,00 horas- tratarase a aprobación da modificación das aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Ganade, un trámite que xa conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio e co acordo previo da Xunta de Goberno Local. “En el núcleo rural de expansión se dice actualmente que desde la línea de cierre de la finca se puede empezar a construir una vivienda unifamiliar a tres metros de dicho cierre y, como fondo, esta tendrá 14 metros”, puntualiza a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. “Esto no tiene sentido porque hay gente que no quiere darle 14 metros, sino siete de fondo. Además daremos margen de maniobra para que se pueda obrar a partir de los tres metros: a los cuatro, o a los cinco… Para darle más jardín a la fachada. Lo mínimo que tiene que tener la parcela, eso sí, son 600 metros cuadrados”, engadiu a rexedora. 

Unha vez que o estudo detalle conte coa luz verde da Corporación local, poderá aplicarse ás vivendas de nova construcción, segundo subliñou a alcaldesa socialista. “Esto es una modificación del Plan de Ordenación Municipal que no significa cambiarlo en sí, sino acometer una modificación puntual para permitir el desarrollo urbano en dichas zonas que son núcleos rurales de expansión”, reiterou a alcaldesa. 

A proposta chegou á Xunta de Goberno Local despois do informe favorable emitido polo técnico municipal no que se concluía que a área do estudo de detalle non tiña afeccións sectoriais. Este considerábase, ademais, “suficiente e compatible” coa normativa urbanística en vigor. Tamén foi recepcionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A Corporación local limiá reunirase mañá nunha sesión que, como outras veces, permitirá a participación a distancia dos concelleiros e que poderá seguirse a través das redes sociais do Consistorio. Nela abordarase tamén a aprobación dos festivos locais do 2022, que serán o martes de Entroido e o 18 de xullo, día da patroa, Santa Mariña.  Incluiranse tamén os expedientes para a ratificación da aceptación das sete subvencións concedidas polo Goberno central para a substitución de 4.610 luminarias vellas en favor da tecnoloxía de tipo led.

Te puede interesar