Xinzo mellora a mobilidade gracias a un taxi adaptado

Imagen de archivo de un taxi
photo_camera Imagen de archivo de un taxi
O servizo facilita desplazamentos ás persoas con problemas de acceso ao transporte público

Xinzo xa conta cun taxi adaptado para persoas de escasa mobilidade. Trátase dun vehículo de 7 prazas habilitado para cadeira  de rodas, primeiro e único na comarca. Agustín Sotelo, o taxista que incorpora este servizo, tivo moi claro no momento en que tiña que cambiar de vehículo, pensando en que cada vez a xente é máis maior e necesita un coche máis cómodo, como poden ser este tipo de automóviles.

Desta maneira o usuario, sobe e sobre todo baixa moito máis comodamente. Tamén outra das posibilidades é que practicamente o usuario entra de pé. Este coche ofrece moitas melloras non só para as persoas en cadeira de rodas, se non tamén na comodidade a hora se subir e baixar del. 

Entre as demandas que atende este tipo de transporte público está acudir a centros como aeroportos, tanto galegos como ao de Oporto, así como demanda servicios a estacións de tren, coa consiguiente comodidade nos desplazamentos para persoas con mobilidade reducida.

Neste momento está moi demandada a contratación de servicio de taxi para a estación de A Gudiña, para coller o AVE, un servicio que experimentou unha gran demanda.

Te puede interesar