Seguridad

Xinzo presentou un plan de autoprotección para o Entroido

Policía, Garda Civil, representantes da Comisión e o Concello o presentaron.
photo_camera Policía, Garda Civil, representantes da Comisión e o Concello o presentaron.

Co obxectivo de facer do Entroido de Xinzo de Limia unha festa máis segura, o goberno local, en colaboración coa comisión e a Policía traballou nun plan de autoprotección que foi presentado durante a mañá de onte xoves. O documento será exposto na páxina web do Concello -xunto ás bases do desfile do día de Piñata e a propia programación da festividade- para que todos os veciños interesados o poidan consultar. 

A grandes rasgos, a rexedora socialista, Elvira Lama, explicou que o reforzo da seguridade se centrará nos días grandes do Entroido, concretamente, o sábado día 22, xornada na que haberá un posto de mando avanzado, cámaras de videovixiancia e axentes de seguridade. 

Pola súa banda, o edil responsable de Cultura, Ramiro Rodríguez, destacou o esforzo realizado por parte do Concello en aras de mellorar a seguridade ao longo do mes de febreiro. " Os riscos están avaliados e para os máis importantes hai medidas previstas", matizou. "É un documento que non está pechado e se irá enriquecendo coa experiencia que vaimos adquirindo", engadiu. 

O plan tamén contempla os cortes de tráfico pertinentes para o paso dos desfiles e a celebración das distintas festas do ciclo. O Entroido de Xinzo comezará mañá sábado, día 1 de febreiro, co petardazo na praza de Carlos Casares ás 23,59 horas e continuará o día 2 co domingo de Fareleiro.

Te puede interesar