Política local

Xinzo propón a Tovar para o Día das Letras Galegas

La Corporación municipal reunida en pleno.
photo_camera La Corporación municipal reunida en pleno.
Dende as formacións cidadáns urxiron á creación dunha nova residencia da terceira idade en Xinzo de Limia

A Corporación municipal de Xinzo reuniuse onte en sesión plenaria co obxectivo de aprobar varias propostas remitidas polos distintos grupos. Unha delas foi a de instar á Real Academia Galega a que adique o Día das Letras de 2021 ao autor nado en Rairiz de Veiga, Antón Tovar Bobillo. Dita proposta chega logo de que o Concello de Rairiz solicitase axuda ás distintas admnistracións para converter a casa natal do escritor galego nun museo interpretativo. 

Por outra banda, no mesmo plenario, a edil de Cidadáns, Montserrat Lama, fixo fincapé na necesidade de mellorar a transparencia do Grupo de Goberno mediante a publicación das distintas mocións que se veñen aprobando nas sesións. Tamén dende a formación naranxa urxiron á creación dunha residencia da terceira idade.

Por último, o Goberno rebaixará a taxa para acceder ao Mercado de Abastos e na sesión tamén se deu luz verde a un convenio de colaboración entre Vilar de Barrio, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.

Te puede interesar