Xinzo renovará un total de 4.610 puntos de luz con 1,8 millóns

undefined
photo_camera Luminarias antigas no entorno do Toural de Xinzo de Limia.
"O Concello nunca pedira estas axudas, así que foi un gran éxito que nos aprobaran todos os proxectos", dixo Elvira Lama

O Concello de Xinzo, da man do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía -IDAE- solventará unha das cuestións máis urxentes deste municipio como é o paso á iluminación de baixo consumo e a mellora da calidade da mesma. 

A Administración Local vén de acadar unha subvención de 1,5 millóns de euros para poder renovar 4.610 luminarias antigas introducindo luces de tecnoloxía Led. O Concello de Xinzo, pola súa banda, aportará para este proxecto outros 375.000 euros e, nos vindeiros 15 días, deberá presentar toda a documentación esixida polo propio IDAE para confirmar a axuda aprobada por este organismo nacional. 

Tal e como informaron dende o Concello de Xinzo, a actuación, que se desenvolverá nun periodo de dous anos e a través de sete proxectos, suporá o cambio das lámpadas de todo o alumeado público do termo municipal, tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación. O aforro total será de case un 70 por cento sobre a factura actual anual, que se eleva ata preto de 258.500 euros. Ademais, segundo precisaron dende o Consistorio, as actuais luminarias municipais son de 100 vatios "e apenas iluminan", o que é "motivo frecuente de queixas" entre a veciñanza. "O Concello nunca pedira estas axudas, así que considero que foi un gran éxito que nos aprobaran todos os proxectos presentados. Será a forma de recuperar o tempo perdido na renovación das vellas lámpadas por outras máis sostibles", explicou Elvira Lama.

Te puede interesar