Movilidade

Xinzo sumará un novo parking público gratuíto

Ramón Gómez Salgado y Amador Díaz visitaron el terreno en el que se ubicará el parking.
photo_camera Ramón Gómez Salgado y Amador Díaz visitaron el terreno en el que se ubicará el parking.

Contará con espazo para 25 vehículos e estará ubicado na avenida de Celanova

Logo da posta en marcha, en novembro do pasado 2020, do seu primeiro aparcamento en superficie público e gratuíto -na rúa Curros Enríquez-, o Concello de Xinzo de Limia avanza no acondicionamento dunha nova área para o estacionamento de vehículos, nesta ocasión, na avenida de Celanova da vila. 

O obxectivo desta nova iniciativa será aliviar a circulación polas principais rúas do municipio, xa que, segundo afirmaron dende a administración local, "é habitual detectar coches mal estacionados nesta zona comercial". Do mesmo xeito, tamén se pretende potenciar dita zona e dinamizar o comercio. 

O Concello de Xinzo ten "moi avanzadas" as xestións para habilitar este aparcamento pois xa existe un acordo co propietario do terreo, que cederá a súa parcela para este uso público -a cambio da exención do Imposto sobre Bens Inmobles- por un período de tempo de seis anos. Está previsto que o parking da avenida de Celanova teña cabida para 25 vehículos e que as prazas sexan de rotación continua -no caso do ubicado na rúa Curros Enríquez as prazas chegan ao centenar-. 

A distribución dos lugares de estacionamento será en batería para optimizar o espazo dispoñible, que se adaptará á forma triangular do terreo. Nun dos vértices irán un total de 11 espazos aptos para o aparcamento, mentres que os demais se repartirán entre os restantes metros. O proxecto contempla, neste senso, un amplo espazo para facilitar a mobilidade dos vehículos no interior do párking.

Os edís de Medio Rural e Obras -Amador Díaz e Ramón Gómez Salgado, respectivamente- visitaron a pasada semana o terreo no que se executarán as obras. O Concello seguirá apostando por esta fórmula de aparcamento.

Te puede interesar