Xinzo súmase á campaña de compostaxe doméstico

Para poder participar nesta segunda campaña será necesario, por unha banda, inscribirse na mesma antes do día 15 de outubro e, pola outra, ser propietario ou contar cunha finca ou xardín de 50  metros cadrados.

O Concello de Xinzo quere animar a todos os veciños e veciñas a sumarse á campaña de compostaxe doméstico, promovida pola Deputación de Ourense nos concellos que teñen delegado o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, que se está levando a cabo xa noutros puntos da provincia. O obxectivo da mesma é promover a economía circular, devolvendo os biorresiduos -en forma de materia orgánica rica en nutrintes- á terra. Tamén, por extensión, reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático. 

Para poder participar nesta segunda campaña será necesario, por unha banda, inscribirse na mesma antes do día 15 de outubro e, pola outra, ser propietario ou contar cunha finca ou xardín de 50  metros cadrados. Ademais, os participantes terán que comprometerse e estar presentes nas visitas dos técnicos que se encarguen de realizar o seguimento e comprobar que o proceso se realiza correctamente. Na primeira visita, os interesados recibirán o composteiro e un manual.

Para conseguir bos resultados, os veciños de Xinzo deberán escoller o mellor lugar dentro da parcela, accesible e con algo de sombra, e contar coas ferramentas precisas.

Os interesados obterán máis información na dirección de correo electrónico [email protected] e no número de teléfono 988 317 687. As inscricións realizaranse na Casa Consistorial.

Te puede interesar