Xinzo súmase a unha campaña de compostaxe

Nesta iniciativa tamén colabora Xunta de Galicia e enmárcase no coñecido como Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea. 

Xinzo de Limia sumarase á cada vez máis común práctica da compostaxe na provincia. Será con motivo da campaña que vén de poñer en marcha a Deputación de Ourense e que forma parte dun proxecto piloto: Trátase de “Anímaste a compostar?”. 

Nesta iniciativa tamén colabora Xunta de Galicia e enmárcase no coñecido como Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea. 

No caso da vila limiá, o proxecto desenvolverase en dúas urbanizacións: As localizacións elixidas serán o entorno de A Devesa e o barrio do Polígono, no entorno da Praza de Galicia. Nestas zonas colocaranse as áreas de compostaxe que permitirán que os veciños e veciñas poidan depositar os restos orgánicos e biorresiduos xerados nos seus fogares. 

De proporcionar máis información ás persoas interesadas encárganse técnicos especializados que traballan directamente coa Deputación de Ourense.

Te puede interesar