A Xunta de Galicia pide ao Goberno central 5,8 millóns para o plan de regadío da Limia

José González e Luis Menor, no encontro con representantes dos regantes da Limia.
photo_camera José González e Luis Menor, no encontro con representantes dos regantes da Limia.
A Consellería de Medio Rural reclama máis financiamento para evitar que os regantes da Limia teñan que asumir un sobrecusto

A Xunta de Galicia reclamou un cambio no modelo de financiamento do proxecto de modernización do regadío da Limia para evitar que os regantes teñan que asumir un sobrecusto dentro da súa aportación a esta iniciativa. 

Así se puxo de manifesto onte en Xinzo, nun encontro que mantiveron José González, conselleiro do Medio Rural, e Luis Menor, presidente da Deputación, cos representantes dos regantes da Limia e os alcaldes dos concellos beneficiarios deste proxecto. Trátase de Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia; Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira, e Emilio Pazos, alcalde de Trasmiras.

O conselleiro quixo dar apoio aos regantes e ao proxecto demandando fórmulas alternativas no modelo de financiamento, instando ao Goberno central a que valore a posibilidade de introducir un cambio normativo para que non se repercuta o IVE, e de non ser isto posible, a Xunta pídelle ao Ministerio que asuma o 80 % do imposto da actuación, que serían 5,8 millóns.

José González quixo destacar que os regantes tiñan a perspectiva de afrontar o 20 % dun orzamento inicial de 15,9 millóns de euros mais IVE. O custo da modernización vaise a un total de 35 millóns de euros máis o correspondente IVE. En total, o Goberno está a asumir o 80 % da actuación (28 millóns), e os regantes terían que desembolsar o restante 20 por cento (7 millóns), xunto co IVE e os custes financeiros da operación.

O investimento actual para o regadío da Limia é un 1,5 % da partida prevista polo Goberno central neste Plan para toda España, que supón 2.344 millóns de euros. 

Luis Menor

O presidente provincial salientou que a comarca da Limia é “un dos territorios de maior produción agraria de Galicia” que precisa “unha ampliación e mellora do seu sistema de regadío”. Un plan no que están involucradas diferentes administracións (Goberno Central, Autonómico e a Deputación de Ourense) e que nestes momentos se atopa no proceso de captación da auga para a execución da canalización da mesma.

O Goberno Central “pretende que sexan os regantes os que deben asumir o custe do IVE desta obra, unha cantidade que resultaría inasumible para os profesionais do sector”, apuntou Luis Menor.

Amador Saborido

O presidente de la comunidad de regantes Nova Limia, Amador Saborido, declarou que “o Goberno non nos da ningún tipo de axuda e temos que tirar da Xunta. Non entendo as críticas dos socialistas de Xinzo, a nós danos igual o partido político que sexa. O que queremos e que nos axuden económicamente.

Te puede interesar