Agenda

Manos Unidas: “Ourense é moi xeneroso"

Agenda

AGENDA CUltural

Manos Unidas: “Ourense é moi xeneroso"

José Delgado, delegado da organización Manos Unidas na provincia de Ourense.
photo_cameraJosé Delgado, delegado da organización Manos Unidas na provincia de Ourense.

Manos Unidas invita aos ourensáns a asistir ao seu décimo concerto solidario. 
Os beneficios irán destinados a un proxecto humanitario en Doddalahalli, na India.

Dende a delegación ourensana da ONG Manos Unidas coñecen a dificultade de "entender" as realidades máis afastadas. Por iso tentan achegalas aos ourensáns da man de eventos como o seu concerto solidario, que se celebra este viernes no Auditorio Municipal, a partir das 20,00 horas. José Delgado, delegado da organización, desgrana os detalles do evento.

Que artistas estarán hoxe sobre o escenario?

Teremos a Coral Xuventude Cantigas do Conservatorio, a Escola de Danza Nati Fleta, o dúo de Bieito Blanco e Lucía Meijón, Ourenlú Quartet, Luis Eloy ao piano, o tenor Domingo de Vicente -xa actou outro ano-, o cantautor Emilio Rúa e a Real Banda de Gaitas da Deputación. Ademais, contamos coa xornalista Montse Estévez como presentadora.

Moito talento local.

É unha cousa que temos moi claro, para nós é importante que sexan artistas locais e tamén que haxa xente nova. Queremos implicar aos rapaces no altruismo, e esta é unha forma de enganchalos.

A que proxecto irán destinados os beneficios?

Á poboación de Doddalahalli, unha localidade da India na que a poboación está tendo problemas graves de saúde pola auga. O diñeiro servirá para comprar máquinas de laboratorio médico para realizar diagnósticos dos doentes. 

Son necesarios este tipo de eventos para axitar conciencias?

Si, claro. Neste tipo de eventos non é tanto o que recaudemos, que tamén, senon o feito de dar a coñecer as campañas, propagalas e mentalizar á poboación. Nós temos proxectos en India, no Congo, tivemos na China, en Etiopía... Aquí on se ven esas nais e bebés que morren durante os partos por falta de ambulancias que, por exemplo. 

É Ourense solidario?

Efectivamente. Antes de involucrarme nisto, tiña a sensación de que cada persoa andaba ao seu, pero non é así. É como cando coñeces a alguén que che da a sensación de ser tímido ou pechado, pero resulta que eran todos prexuízos. Ourense é moi xeneroso, incluso a xente que menos ten, que case o sacan da boca para dalo. E por iso este traballo é, de verdade, moi gratificante.
 
Lugar: Auditorio Municipal
Data e Hora: Hoxe, ás 20,00 horas

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo