FORMACIÓN

A Aula Cemit de Xunqueira de Ambía acolle en abril dous cursos

Mañá comezará un curso sobre Iniciación á informática para menores

A Aula Cemit de Xunqueira de Ambía acolle en abril dous cursos e outras dúas charlas. Mañá comezará un curso sobre Iniciación á informática para menores, que se desenvolverá os días 5, 12, 16 e 26 de abril, de 16,00 a 17,00 horas.

O xoves 7 de abril, de 16,00 a 19,00 horas, haberá una videoconferencia desde Santiago de Compostela na que se fará unha introducción á seguridade en dispositivos móbiles, revisando as ameazas, riscos e mecanismos de control para facer un uso máis seguro dos dispositivos móbiles.

O 7 de abril tamén comeza un curso sobre retoque fotográfico, que se prolongará nos días 12, 14, 19, 21 e 26 de abril, de 17,00 a 18,00 horas.

O 21 de abril, de 18,00 a 19,30 horas, impartirase unha charla sobre o manexo da aplicación Skype, na que os asistentes poderán coñecer o uso básico dun ordenador.

Te puede interesar